Exame de preguntas de desenvolvemento |
Contestar a unha serie de cuestións e preguntas relacionadas coa parte do temario impartida a través de clases teóricas ou sesións maxistrais, así como unha proba ou probas prácticas. |
30 |
A2 A4 A5
|
B9 B10
|
C12
|
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Contestar a unha serie de cuestións e preguntas relacionadas coa parte do temario impartida a través de clases teóricas ou sesións maxistrais, así como unha proba ou probas prácticas. |
30 |
A2 A4 A5
|
B9 B10
|
C12
|
|
Primeira edición de actas (decembro-xaneiro):
O estudantado debe escoller a principio de curso o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación global. Recoméndase, en todo caso, o primeiro. O estudantado que elixa ser avaliado mediante a modalidade de avaliación global deberá comunicalo a profesora responsable da materia no prazo de un mes dende o inicio do cuadrimestre. Para non perder a avaliación continua será necesario realizar, como mínimo, tres dos exercicios indicados pola profesora nas aulas prácticas. O estudantado que siga o sistema de avaliación continua realizará dous exames obrigatorios. O primeiro na última semana de outubro, no que a cualificación supoñerá o 30% da nota final. O segundo, ao final de cuadrimestre, na data establecida no calendario oficial de exames da FFT (dispoñible en: http://fft.uvigo.es/es/docencia/examenes/), no que a cualificación supoñerá o 25% da nota final. Estas probas consisten no desenvolvemento dun tema e contestar varias preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario. Ademais, o 30% da nota final obterase coa resolución de exercicios relacionados con algúns temas que se realizarán nas aulas prácticas. O estudantado deberá realizar tamén dous cuestionarios nas aulas prácticas, un á metade do cuadrimestre e outro na última sesión, cun valor cada un de 0,75 puntos sobre a cualificación final (15% da nota final). No cuestionario cada dous erros, incluíndo as non contestadas, restarase un acerto. O estudantado que non siga o sistema de avaliación continua terá avaliación global mediante un exame obrigatorio, na data oficial establecida no calendario de exames da FFT (dispoñible en: http://fft.uvigo.es/es/docencia/examenes/). O exame constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representa o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos prácticos da materia que foron traballados durante o curso. Na segunda edición de actas (xuño): (A) O estudantado de avaliación continua que obtivo nos traballos prácticos unha cualificación de polo menos 5 sobre 10, non terá que volver presentalos. Deberá superar só un exame sobre a materia impartida nas clases teóricas, que coincidirá coa data establecida no calendario oficial de exames da FFT, no que a cualificación supoñerá o 60% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e contestar varias preguntas teóricas relacionadas co temario. (B) O estudantado que non consiga a nota mínima requirida durante o curso nos traballos prácticos e o de avaliación global deberá realizar un exercicio escrito, que coincidirá coa data establecida no calendario oficial de exames da FFT. O exame constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representa o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos prácticos da materia que foron traballados durante o curso.
|