Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Idioma moderno: Idioma (B) Portugués I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Traballos varios para adquirir destrezas sobre algúns aspectos concretos do temario 10 A1
A2
A3
B1
Práctica de laboratorio Realización de exercicios ou tarefas sobre temas específicos tratados na aula ou indicados polo profesor.
20 A1
A2
B1
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos vistos durante o curso.
40 A1
A2
A3
Exame oral Proba oral individual 30 B4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller, de forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre en cuestión, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en "Avaliación") ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro.

Avaliación continua

Dado que se trata do ensino dunha lingua estranxeira, é moi recomendábel asistir con regularidade ás aulas. Quen non teña posibilidade de asistir debe comunicalo ao profesorado. En todo caso, a non realización de probas ou exercicios parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en "Avaliación") suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero) puntos nesta.

A data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida no calendario oficial da FFT.

O exame oral terá lugar no mesmo día nunha sala contigua. Esta proba será gravada en formato audio e a participación nela suporá o consentimento da gravación.

É preciso aprobar ambas as probas (escrita e oral) para superar a materia. Non se realizará media de non ser así.

IMPORTANTE: A persoa responsábel da docencia da materia poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da persoa docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa por unha proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola persoa responsábel da docencia da materia.

Avaliación única

A avaliación única consiste dunha proba escrita seguida doutra proba oral que se realizarán no mesmo día en salas de aula contiguas. A data e hora dos exames (escrito e oral) é a recollida no calendario oficial de exames da FFT. É preciso aprobar ambas as probas (escrita e oral) para superar a materia. En caso de suspenso, haberá que recuperar ambas as probas na convocatoria de xullo.

A avaliación única valorarase da seguinte forma:

1. Proba escrita teórico-práctica: 75% da nota final. 2. Proba oral: 25% da nota final. Esta proba será gravada en formato audio e a participación nela suporá o consentimento da gravación.

É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia.

A non presentación a unha das probas sen xustificante suporá a obtención nela dunha cualificación de 0 (cero) puntos.

A copia ou o plaxio nos respectivos exames das avaliacións continua ou única serán penalizados cun suspenso (nota numérica: 0) nestas. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Segunda edición das actas

A avaliación consiste nunha proba escrita seguida doutra proba oral que se realizarán no mesmo día. A data e hora dos exames (escrito e oral) é a recollida no calendario oficial da FFT para os exames de xullo.

Os mesmos criterios da avaliación única aplicaranse na segunda edición das actas. Gravarase a proba oral.

O alumnado que non superase as probas escrita e oral de avaliación da materia na primeira edición de actas, deberá repetir ambas as dúas probas na segunda edición de actas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000