Trátase de desenvolver as competencias de comprensión, expresión oral e escritura na lingua francesa. Preténdese conseguir que o alumnado poida expresarse en francés nas situacións cotiás máis correntes e acadar un nivel A2 básico segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.