A) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS A1) Avaliación continua A avaliación da materia será continua por defecto. Unicamente en casos xustificados, o alumnado poderá acollerse á avaliación única, sempre que llo comunique ao profesorado da materia dentro das dúas primeiras semanas de aulas. A realización dunha ou varias das probas parciais implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado. O alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao exame final e a súa nota da primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso. A asistencia ás clases non é obrigatoria, pero si é obrigatorio realizar todas as probas previstas na avaliación. É imprescindible que a/o estudante se presente a todas as probas de avaliación para cada unha das partes de que consta a materia. De non ser así, non se realizará a media aritmética entre as partes, a/o estudante obterá un suspenso e deberá presentarse novamente a todas as partes da materia na segunda edición de actas. A primeira proba escrita terá lugar ao final das catro primeiras unidades de gramática e vocabulario. Nun día cercano celebrarase a primeira proba de escoita. A segunda proba escrita e a segunda proba de escoita terán lugar na derradeira semana de aulas. As datas para a presentación obxecto de avaliación de cada estudante determinaranse coa debida antelación e serán anunciadas na aula. A2) Avaliación única O alumnado que non realice a avaliación continua será avaliado mediante dúas probas obrigatorias que terán lugar ao final do cuadrimestre. É imprescindible que a/o estudante se presente a todas as probas de avaliación para cada unha das tres partes de que consta a materia. De non ser así, non se realizará a media aritmética entre as tres partes, a/o estudante obterá un suspenso e deberá presentarse novamente a todas as partes da materia na segunda edición de actas. Probas da avaliación única: a) un exame escrito, que suporá o 70% da nota global e constará de exercicios de Use of English (50%) e escoita (20%); b) un exame de expresión oral, que contará como o 30% restante. Os exames escritos terán lugar nas datas establecidas no calendario de exames aprobado na Xunta de Facultade. Para a realización da proba de expresión oral, o alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia con anterioridade ao final das clases. Requisitos para aprobar a materia para todo o alumnado (tanto de avaliación continua coma de avaliación única): Para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha cualificación individual de polo menos 5 en cada unha das partes (Use of English, escoita e expresión oral). De non cumprirse este requisito, aínda que a media aritmética das tres partes sexa 5 ou superior, a/o alumna/o non superará a materia e deberá presentarse ao exame de recuperación das partes non superadas. Cando a media das tres partes sexa superior a 5 pero algunha das partes teña unha nota inferior a 5, a cualificación da acta será de 4 (Suspenso). Na segunda edición de actas a/o estudante deberá repetir as probas das partes que non aprobe e poderá conservar as notas das outras partes. B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS O alumnado que non supere a materia na primeira edición de actas poderase presentar en xuño/xullo para a segunda edición de actas. A avaliación consistirá en dúas probas, das que o alumnado deberá realizar unicamente as partes que non superara na primeira edición de actas: a) un exame escrito, que suporá o 70% da nota global e constará de exercicios de Use of English (50%) e escoita (20%); b) un exame de expresión oral, que contará como o 30% restante. A data do exame escrito será a data oficial de xuño/xullo aprobada pola Xunta de Facultade. Para a realización da proba de expresión oral, o alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia con antelación. Como na primeira edición de actas, para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha cualificación individual de polo menos un 5 en cada unha das tres partes (Use of English, escoita e expresión oral). De non cumprirse este requisito, aínda que a media aritmética das catro partes sexa 5 ou superior, a/o alumna/o non superará a materia. Cando a media das tres partes sexa superior a 5 pero algunha das partes teña unha nota inferior a 5, a cualificación da acta será de 4 (Suspenso). En calquera das probas, a copia ou plaxio total ou parcial suporá un suspenso directo da materia na súa totalidade. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade. |