Pautas xerais As/os estudantes deberán escoller, de
forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre en cuestión, entre
dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición
en “Avaliación”) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo
primeiro. A copia ou o plaxio en calquera das probas das avaliacións
continua ou única poderá motivar a solicitude de apertura dun expediente
sancionador, nas dúas edicións das actas. Alegar descoñecemento do que supón plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade nese aspecto. Avaliación continua Para superar a materia, será preciso entregar
coa regularidade requirida as prácticas de clase e obter unha nota mínima de cinco (sobre dez) enn todas as partes de
avaliación. De non acadar a
nota de cinco nalgunha destas formas de avaliación, non se realizará media. A non realización de probas ou exercicios
parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a
descrición en “Avaliación”) suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero)
puntos nesta. A data do exame de avaliación
continua coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida no
calendario oficial da FFT. Avaliación única Para superar a materia, será preciso
superar cunha nota mínima de cinco (sobre 10) as dúas probas seguintes: -Traballo tutelado (50%), coas mesmas
características que o que se describiu máis arriba. Entregarase como moi tarde no día do exame oficial marcado do calendario da FFT. -Exame oral (50%). Duración mínima de 30 minutos e máxima de 60, que versa sobre todos os contidos e textos de lectura obrigatoria da materia que se disponibilizarán no inicio do cuadrimestre. Realizarase no día do exame oficial marcado do calendario da FFT ou nun día alternativo acordado co/a profesor/a. Deberase obter en ambos casos unha
cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) para poder efectuar media. A data do exame de avaliación única será establecido pola FFT e publicado no
seu calendario oficial. Segunda edición das actas Os mesmos criterios de avaliación
única aplicaranse na segunda edición das actas (xullo). O alumnado de avaliación continua que
non supere a materia na primeira convocatoria e teña que acudir á segunda edición
das actas terá que presentarse unicamente á parte que teña suspensa. En todo caso, recoméndase a asistencia regular ás aulas e ás
titorías e a consulta dos materiais e informacións
específicas na plataforma FAITIC, mesmo que non se siga o sistema de avaliación
continua. Alumnado semi-presencial
Ao alumnado semi-presencial ofrécenselle
titorías concertadas. Para quen teña a oportunidade, recoméndase asistir
regularmente a estas titorías. Poderase ter tamén unha
atención personalizada a través do correo electrónico (consulta de
dúbidas, entrega e corrección-comentario das probas etc.).
En todo caso, o ensino semi-presencial
require dunha disciplina de traballo, seguindo as indicacións do profesorado, así como do uso imprescindible
da plataforma FAITIC desde o primeiro día de clases. A avaliación continua do alumnado semi-presencial
implica a visualización das grabacións das clases e a realización dos exercicios indicados polo profesorado a través da
plataforma MOOVI, dentro dos prazos indicados. Quen non poida realizar estes
exercicios dentro dos prazos, terá que realizar as probas previstas para a avaliación única. Esta avaliación do alumnado semi-presencial
implica a valoración de tres ítems: -Traballo tutelado (40%), acordado e supervisado pola docente, que
deberá entregarse na data establecida pola FFT para o exame final. -Exposición oral (30%), na data establecida pola FFT. -Presentación dos traballos de aula, nos prazos establecidos (30%). Será indispensable obter unha cualificación de cinco (sobre 10) nos tres ítems para poder efectuar media e superar a materia. A avaliación única do alumnado semi-presencial
segue as pautas establecidas para o alumnado presencial (cf. supra). |