Estrutura |
A estrutura do TFG pode seguir distintos modelos e será o/o director/a quen
aconselle en cada caso a estrutura máis adecuada ao tema do
traballo. |
Pautas de redacción e presentación |
Sen prexuízo do anterior, establécense os seguintes requisitos formais:
Extensión: entre unhas 3.000 e 9.000 palabras (10% máis sobre 9000).
0. Portada en que figure a mención: Grao de Tradución e Interpretación (Facultade de Filoloxía e Tradución - Universidade de Vigo), o título completo do TFG, o nome do/a autor/a e do/ a director/a, e data de presentación (mes/ano).
1. Resumo dunhas 100 palabras (na lingua de redacción do traballo e, en caso pertinente na lingua sobre a que se realizou o TFG).
2. Índice paxinado.
3. Introdución e estado da cuestión. Presentación do tema de estudo ou práctica e da súa pertinencia. Presentación da estrutura e dos obxectivos do TFG.
4. Corpo do traballo (estrutura por determinar por quen dirixa o traballo)
5. Resultados (se proceden)
6. Conclusións. Verificación do grao de cumprimento dos obxectivos propostos, reflexión sobre os resultados máis interesantes do TFG, reflexión sobre os aspectos teóricos, prácticos ou metodolóxicos que puideron provocar problemas durante a realización do TFG.
7. Bibliografía. Todas as referencias bibliográficas citadas en texto (ou consultadas), segundo o sistema de citas que determine o/a director/a do TFG.
8. Anexos.
|
Defensa oral |
De acordo co Regulamento do TFG vixente na Facultade de Filoloxía e Tradución, a defensa oral é obrigatoria. Constará dunha exposición por parte do/a autor/a do traballo (máx. 10 minutos), seguida dos comentarios do tribunal (máx. 15 minutos), con breve resposta do/a autor/a. |