Prácticum, Practicas externas e clínicas |
O alumnado desta materia atenderá ás indicacións do titor da entidade en que preste servizo. Ao final do período de traballo (120 horas) ha de elaborar unha memoria de prácticas (30 horas) en que se detalle:
- Descrición da entidade e organigrama
- Traballos relacionados coa formación en Tradución e Interpretación da entidade.
- Traballos que desenvolveu no período de prácticas.
- Avaliación das competencias do título traballadas nesta materia.
- Valoración persoal das tarefas asignadas e resultados.
- Suxestións de mellora, no seu caso, para futuras prácticas nesta entidade.
- Suxestións de novos contidos que se poderían incorporar ao título para favorecer a execución destas tarefas.
O titor académico é o responsable de revisar esta memoria.
En Moovi colgaranse instrucións máis específicas. É responsabilidade do alumno/a consultar alí datas / prazos de entrega / convocatoria / etc. |