Actividades introdutorias |
A profesora presentará o programa docente, mediante explicación polo miúdo dos contidos, os traballos que cómpre realizar para as presentacións, así como as lecturas de carácter obrigatorio e mais o sistema de avaliación. Se o alumnado ten algunha dúbida ao respecto é recomendable que lla formule directamente á docente durante ou tras estas actividades introdutorias. De non haber dúbidas, entenderase que o alumnado comprendeu a totalidade das actividades introdutorias. |
Lección maxistral |
As sesións maxistrais están destinadas a presentar a tradución editorial e a explicar o proceso tradutivo profesional. Malia a estaren no apartado de sesións maxistrais, a impartición será de índole participativa e sempre irá acompañada de apoio mediante soporte práctico. Se o alumnado ten algunha dúbida ao respecto é necesario que lla formule directamente á docente durante ou tras estas actividades. De non haber dúbidas, entenderase que o alumnado comprendeu a totalidade das sesións maxistrais. |
Traballo tutelado |
Durante as sesións dedicadas a este apartado, a profesora explicará o procedemento e as normas de elaboración de traducións e guiará o alumnado para que simule unha pre-tradución profesional mediante o procedemento exposto nunha proxección ad-hoc.
|
Prácticas de laboratorio |
O alumnado realizará encomendas de tradución editorial, revisión e corrección dos tipos de textos mencionados no temario, emulando os dous procesos profesionais reais presentados durante as sesións. Estas encomendas realizaranse na aula. O alumnado contará co apoio do material e as fontes de consulta necesarias para acadar un produto traducido idóneo, segundo as referencias facilitadas pola profesora. Unha vez autorrevisada a tradución, a profesora procederá á súa revisión mediante a proxección das opcións de tradución que o alumnado lle facilite. Desbotaranse as non correctas e validaranse como definitivas as correctas. A continuación, o alumnado intercambiará as traducións e realizarase a revisión allea mediante cotexo coa versión validada e definitiva dispoñible na proxección. Facilitarase un modelo de baremo previamente. Se o alumnado ten algunha dúbida ao respecto é necesario que lla formule directamente á docente durante ou tras estas actividades. De non haber dúbidas, entenderase que o alumnado comprendeu a totalidade das prácticas de laboratorio. |