Esta materia é unha das dúas que conforman a materia Cultura e Civilización e ten un claro carácter instrumental na formación do alumnado da titulación. É de carácter optativo e sitúase no cuarto curso do grao. Pretende familiarizar ao alumnado coas teorías e principios das relacións internacionais e, máis concretamente, con aquelas organizacións internacionais que teñen uns servizos de tradución e interpretación potentes.