O obxectivo desta materia é que o estudante perfeccione a súa competencia interpretativa no marco da interpretación simultánea e que desenvolva as técnicas de tradución á vista como actividade profesional e como aprendizaxe da coordinación de esforzos cognitivos. O que se procurará con esta materia é que o alumno sexa capaz ao final da súa carreira formativa de interpretar de forma simultánea un discurso do portugués ao castelán.