O obxectivo desta materia é que o estudante perfeccione a súa competencia interpretativa
no marco da interpretación simultánea e que desenvolva as técnicas de tradución á vista como actividade profesional e como aprendizaxe da coordinación de esforzos cognitivos. O que se procurará con esta materia é que o alumno sexa quen ao final da súa carreira formativa interpretar de forma simultánea un discurso.