Traballo tutelado |
Elaboración de discursos nas linguas A e B
dentro das prácticas de laboratorio |
0 |
A1 A3 A4 A5
|
|
C1 C2 C3 C4 C8 C12 C17 C21 C25 C30 C33
|
D1 D9 D18
|
Práctica de laboratorio |
Realización de dúas probas de interpretación consecutiva entre as
linguas B e A.
Para cualificar estas probas empregarase unha matriz de valoración que avalía a interpretación en función de catro criterios (fluidez e seguridade, expresión e corrección, resolución de problemas e contido) cuxa ponderación especifícase na matriz. Á marxe da
media final, é condición sine qua non para dar por superarada as probas obter un mínimo de aprobado na parte de contido.
Cada proba ten un valor do 35%. |
70 |
A3 A4 A5
|
|
C1 C3 C4 C8 C12 C13 C17 C18 C21 C22 C25 C27 C30 C33
|
D1 D4 D7 D9 D22
|
As/os alumnas/os que desexen cursar a modalidade de avaliación continua deberán comunicalo ao profesor cunha antelación máxima dun mes á data do exame final.
Con independencia da posible nota de avaliación continua, é imprescindible obter unha nota mínima de 5 sobre 10 na proba de interpretación simultánea para aprobar a materia no seu conxunto, á que se sumará a puntuación obtida no resto de apartados.
A nota de avaliación continua dunha edición mantense para a seguinte dentro da mesma convocatoria.
Tanto a avaliación única (para aqueles alumnos que non cumprisen os requisitos estipulados para optar á avaliación continua) como a segunda convocatoria constarán dunha proba de interpretación consecutiva (inglés e galego) idéntica e na mesma data e horario que a proba práctica para os alumnos de avaliación continua, coa diferenza de que contará toda a nota final. Tanto no caso da avaliación continua como na individual, en ambos os casos, para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba.
Data de exame final: A publicada no calendario oficial.
A segunda convocatoria realizarase nas mesmas condicións que a primeira. |