Esta materia é continuación de Tradución idioma 2, I inglés-español e Tradución idioma 2,II inglés-español e concíbese como un espazo didáctico no que afondar no traballo de tradución inglés-español.
O estudantado porá tamén en práctica a competencia para detectar e resolver problemas de tradución, deseñar estratexias para o transvasamento de textos cun certo grao de complexidade de diferentes variedades de uso, realizar de forma apropiada o proceso de tradución nesta combinación lingüística e defender o seu traballo. Esta materia serve de iniciación á tradución de textos especializados, que se tratarán nas materias de tradución especializada do 4º curso do grao.
Dáse por suposto que o estudantado posúe bos coñecementos das linguas e culturas de traballo.