Lecturas obrigatorias (avaliación continua e única): Schwartz, Simon. 2021. Drüben!. Berlin: Avant-Verlag. Schote, Joachim. 2016. Grundwissen Politik,
Geschichte und Gesellschaft in Deutschland. Berlin. Avaliación continua: Para unha axeitada avaliación continua recoméndase unha asistencia asídua e participativa ás aulas. É obrigatorio cumprir coas esixencias do traballo tutelado. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. Para a nota final é imprescindible aprobar cada unha das partes do exame final. A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. Data da proba Práctica de laboratorio: sesión 13 da materia. Data límite de entrega dos traballos tutelados: 20 de decembro. Data do exame: A data e hora do exame da avaliación continua será na última sesión e coincidirá coa data e hora do exame de avaliación única establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de Facultade Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio. Avaliación única: O alumnado que non se acolle á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia que terá lugar na data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT.
O exame constará dun exercicio de tradución de 250-300 palabras, e incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ó total dos contidos. A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet. Para a nota final é imprescindible aprobar cada unha das partes da tradución do exame. Convocatoria de xullo: A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia.
O exame constará dun exercicio de tradución de aprox. 250 -300 palabras, e incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ó total dos contidos. A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet. Para a nota final é imprescindible aprobar cada unha das partes da tadución do exame final. Penalizarase a copia e o plaxio. É responsabilidade do alumnado consulta-los materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia, así como estar informado das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación. |