Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, II: Inglés-Galego
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas A docente acompañará o estudantado na identificación das necesidades individuais de mellora para a adquisición da competencia tradutora.
Aprendizaxe colaborativa Durante a clase, a docente acompañará o estudantado na resolución colectiva dos problemas de tradución.
Obradoiro A docente acompañará o traballo de posta en común e resolución de problemas de tradución durante a execución das distintas tarefas propostas na clase e estará a disposición do alumnado para unha valoración individual polo miúdo nas titorías.
Presentación Valoración e debate sobre a tradución presentada na clase e avaliación da defensa segundo os criterios especificados na matriz correspondente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000