Actividades introdutorias |
Neste apartado, o docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, as tarefas que hai que realizar e comentará tamén as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación. |
Lección maxistral |
Exposición por parte do docente dos contidos da materia obxecto de estudo. |
Estudo previo |
Proporanse unha serie de lecturas, así como audios e vídeos complementarios aos contidos do temario que son necesarios para a preparación da proba de contidos así como para a correcta comprensión dos textos para traducir. |