=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen: seminario, actividades introdutorias, aprendizaxe baseada en proxectos, flipped learning, presentacións e resolución de problemas e exercicios.
* Metodoloxías docentes que se modifican: leccións maxistrais. No caso dun escenario non presencial, a metodoloxía de lección maxistral substiuirase pola de aprendizaxe inversa.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): as titorías desenvolveranse a través de correo electrónico e da sala virtual da profesora concertando cita previa.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir: non se modificarán os contidos.
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe: no caso de que fose preciso nun escenario non presencial, proporcionaraselle ao alumnado a bibliografía adicional que fose precisa.
* Outras modificacións
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Non se modificará o peso das probas xa realizadas. Só se modificará o peso das probas realizadas no caso de que sexa imposible acceder ao seu soporte físico antes do peche das actas. Nese caso, o peso da proba en cuestión distribuirase de maneira equitativa entre as restantes actividades avaliadas.
* Probas pendentes que se manteñen
Todas as probas pendentes manteranse co seu peso.
* Probas que se modifican
[Exposición oral na aula] => [Gravación en vídeo da exposición]
* Novas probas
Non se engadirán probas á avaliación.
* Información adicional
PLAN DE CONTINXENCIA SOBRE A MODALIDADE MIXTA:
Na modalidade mixta, unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o
profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.
|