Prácticas con apoio das TIC |
Farase traballo documental previo á tradución e traballo de aprendizaxe dalgunhas ferramentas básicas de apoio á tradución. |
Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Explicarase, en especial, o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e a de lectura obrigatoria. Ó finalizar, e xa como traballo autónomo, o alumnado deberá localizar na biblioteca da facultade a bibliografía dada. |
Presentación |
Cada estudante realizará unha exposición oral de aprox. 15 minutos sobre un tema acordado coa profesora (cf. traballo tutelado). Haberá quenda de preguntas e debate. |
Eventos científicos |
Prevése a asistencia a eventos científicos e divulgativos. |
Lección maxistral |
As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos máis teóricos da materia, como a descrición do mercado da tradución do alemán ou a tipoloxía de erros, así como contidos teóricos fundamentais para desenvolver as tarefas prácticas, como aspectos contrastivos morfosintácticos e estilísticos entre as dúas linguas, referentes culturais etcétera. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico. |