Cunha orientación práctica e centrada no uso da lingua, esta materia ten como obxectivo a consolidación das competencias comunicativas e lingüísticas a nivel avanzado alto en lingua inglesa, prestando especial atención á aprendizaxe de gramática e vocabulario (Use of English: Grammar and Vocabulary) e ás destrezas de comprensión escrita (Reading) e produción escrita (Writing).
Os materiais teóricos e prácticos seguirán o nivel avanzado alto C1+ segundo os estándares do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Ao superar a materia, o estudantado debería ter acadado e consolidado un nivel C1+ segundo o Marco común Europeo de Referencia para as Linguas.
Materia do programa #EnglishFriendly e #ItalianoAmichevole. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia na(s) lingua(s) estranxeira(s), b) atender as titorías na(s) lingua(s) estranxeira(s), c) probas e avaliacións en lingua estranxeira.