Cunha orientación práctica e centrada no uso da lingua, esta materia ten como obxectivo a consolidación das competencias lingüísticas e comunicativas a nivel avanzado superior, prestando atención á aprendizaxe de gramática e vocabulario (Use of English: Grammar and Vocabulary) e ás destrezas de comprensión escrita (Reading) e produción escrita (Writing).
Os materiais teóricos e prácticos parten dun nivel avanzado alto C1/C1+. Ao superar a materia, a/o estudante acadará un nivel C2 segundo o Marco común Europeo de Referencia para as Linguas.