| Resolución de problemas e/ou exercicios |
Exame ou exames escritos que incluirán actividades de produción escrita. |
10 |
|
|
C1 C2 C4 C18 C22 C24 C25 C27
|
D2 D4 D9 D10 D15 D17
|
| Exame oral |
Exame que consistirá en actividades de comprensión e produción oral, con especial atención á pronuncia. |
10 |
|
|
C2 C18
|
D4
|
| Exame de preguntas obxectivas |
Exame ou exames escritos en que se avaliarán os coñecementos léxico-fraseolóxicos. |
15 |
|
|
C1 C2 C4 C18 C22 C24 C25 C27
|
D2 D4 D9 D10 D15 D17
|
|
COMENTARIO XERAL SOBRE AVALIACIÓN En todas as probas, traballos e exercicios entregados penalizarase o emprego de IA. En caso de dúbida, o profesorado poderá esixir a xustificación do exercicio e mesmo a súa repetición. Ben que a IA pode ser un recurso de grande utilidade como apoio na formación, o alumnado debe ser consciente da necesidade de poñer a proba as súas propias habilidades e competencias e de que sexan estas as que se avalíen. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS Avaliación continua A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba. Segundo a evolución do alumnado, as docentes poderán propoñer a elaboración de probas parciais para cada un dos ítems de avaliación mediante exame: gramática, léxico e fraseoloxía, comprensión lectora, competencia escrita e comprensión/produción oral. Avaliación única O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla a avaliación única deberá realizar e superar un único exame escrito final sobre os contidos da materia, que se realizará na data oficial fixada no calendario aprobado pola Xunta da FFT, e mais outro oral noutra data concertada co profesorado para superala: a nota final resultará da nota media ponderada obtida en ambas as probas a razón de 90 % e 10 %, respectivamente. Será preciso obter como mínimo un 5 en cada unha das probas para que estas fagan media. O exame escrito incluirá como mínimo unha actividade sobre algunha das lecturas obrigatorias. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO-XULLO) Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da calificación, que se realizará na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT. ADVERTENCIA: En calquera das convocatorias de exames, o profesorado pode esixir a realización dunha proba oral ou escrita complementaria a aquel alumnado, xa sexa de evaluación continua ou de única, que, segundo o seu criterio razoado, non demostre suficiente competencia na materia, ou ben por calquera outra causa, incluída a sospeita de fraude, e precise confirmar mellor o seu nivel na materia. |