Cunha orientación práctica e centrada no uso da lingua, esta materia ten como obxectivo a consolidación das competencias lingüísticas e comunicativas a nivel avanzado, prestando especial atención á aprendizaxe de gramática e vocabulario (Use of English: Grammar and Vocabulary) e ás destrezas da comprensión escrita (Reading) e produción escrita (Writing).
Os materiais teóricos e prácticos seguirán o nivel avanzado C1. Ao superar a materia, a/o estudante acadará un nivel C1 segundo o Marco común Europeo de Referencia para as Linguas.