Esta materia ocúpase do estudo avanzado das relacións entre a produción literaria en lingua inglesa e os diversos modos de expresión artística (plástica, visual, musical etc) existentes nos diversos ámbitos de produción artística do mundo en lingua inglesa. Usando o cinema como arte que aglutina o resto das expresións artísticas nos seus modos narrativos, e a figura de Shakespeare como icona cultural da literatura en lingua inglesa, a materia desenvolverá unha análise teórico-práctica das relacións entre a obra Shakespeariana a través do cinema e o resto das artes.