A materia aborda o estudo da identidade cultural a través da análise de textos teóricos, literarios e fílmicos en lingua inglesa. Estúdanse diversos tipos de identidade culturais, atendendo a factores identitarios como nación, raza e etnia; identidades indíxenas, migrantes e diaspóricas; identidades de xénero e sexuais; identidades por idade; e identidades relixiosas.