Trátase dunha materia de carácter introdutorio ás literaturas en inglés do ámbito poscolonial. Ofrécese unha achega ás correntes críticas e teóricas específicas dos estudos poscoloniais e unha panorámica á produción literaria nos países de fala inglesa agás Reino Unido e os Estados Unidos de América, das que se ocupan as outras asignaturas desta materia. Trátase de fornecer ao alumnado das ferramentas críticas imprescindibles para a avaliación do impacto do colonialismo na literatura producida en todo o mundo anglófono dende a colonización dos territorios fóra de Europa até a actual globalización. Prestarase especial atención á literatura máis contemporánea.