É unha materia de seis créditos que se imparte no primeiro cuadrimestre do cuarto curso do grao, coa fin de continuar a materia Terceiro Idioma Estranxeiro I, impartida no terceiro curso como iniciación á lingua alemá básica e á súa cultura. É por isto unha materia de consolidación dunha boa base na adquisición da competencia comprensiva e produtiva das estruturas gramaticais básicas do alemán, tanto na expresión escrita coma na oral, e así mesmo nos coñecementos da súa cultura. Pártese dun nivel A1.1. Ao superar a materia a/o estudante acadará un nivel A1.2. segundo o Marco Común de Referencia para as Línguas.