Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Historia do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación (i) Presentación oral en grupo sobre un tema relacionado cos contidos da materia, a realizar en horario docente e con data previamente acordada coa profesora. (15%)
(ii) Peer assessment: avaliación anónima de dúas presentacións (mínimo) realizadas por compañeiras/os de clase. (5%)
É obrigatorio realizar as dúas partes deste compoñente, (i) e (ii).
20 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
B6
B7
B8
B9
B10
C3
C4
C6
C8
C9
C10
C12
C13
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas de avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa.
40 A3
A4
A5
B1
B4
B7
B9
B10
C3
C4
C5
C6
C8
C9
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas de avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 40 A3
A4
A5
B1
B4
B7
B9
B10
C3
C4
C5
C6
C8
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONSIDERACIÓNS XERAIS

O dominio das competencias lingüísticas e comunicativas desta materia será avaliado por medio de varias probas parciais. As datas concretas para cada proba serán anunciadas polo profesorado na aula con suficiente antelación.

Na primeira edición de actas existen dous sistemas de avaliación: continua e única. A modalidade por defecto será a avaliación continua, excepto expresa notificación por parte da/o estudante da súa preferencia polo sistema de avaliación única. O alumnado que opte por avaliación única debe comunicarllo ao profesorado da materia antes de finais da segunda semana de clase como data límite.

 Participar nun dos sistemas de avaliación implica a imposibilidade de participar no outro. É dicir: a realización da primeira proba parcial implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado; igualmente, a ausencia a unha das probas parciais implica o seguimento da materia por avaliación única.

 

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua consiste de tres compoñentes: dous exames escritos e unha presentación oral. É obrigatorio realizar todas as probas. De non realizar unha ou máis probas, non se fará media coas probas realizadas: a nota final na primeira edición de actas será un suspenso e a/o estudante deberá ir á segunda edición de actas con toda a materia.

(A) Presentación (20%). Este compoñente consiste de dúas partes, ambas obrigatorias: (i) presentación en grupo, (ii) peer assessment. De non realizar unha delas, a/o estudante suspenderá o 20% na súa totalidade. Igualmente, é obrigatorio asistir a todas as presentacións orais realizadas durante o curso: a propia, a que se avalía como peer assessment e as demais. A ausencia inxustificada será motivo de suspenso do 20% na súa totalidade.

(i) A presentación levarase a cabo en grupo (15%). A extensión e a temática negociarase co profesorado da materia durante as primeiras catro sesións do curso. Se a/o estudante non contacta co/a profesor/a para acordar o grupo, tema e data de presentación, a/o estudante perderá o 20% completo. Os criterios de avaliación estarán reflexados nunha rúbrica e serán explicados na primeira sesión do curso.
(ii) Peer assessment (5%). Cada estudante deberá avaliar un mínimo de dúas presentacións orais realizadas por outros grupos de estudantes (peers). A asignación de grupos será organizada polo/a profesor/a da materia. A avaliación seguirá os criterios establecidos na rúbrica (ver (i) arriba) e será anónima en canto que o grupo avaliado non sabe quen fai a avaliación.

(B) Na primeira edición de actas, o progreso do alumnado será avaliado principalmente en dous exames de preguntas de desenvolvemento mediante os que se avaliarán a habilidade de aplicar o coñecemento teórico aos temas explicados nas sesións maxistrais e nas clases prácticas. O primeiro parcial terá lugar na data fixada no programa da materia que se lle presenta ao alumnado na primeira sesión de curso. O segundo exame terá lugar no período de exames en maio e coincidirá coa data de exame de avaliación única aprobada pola Xunta da FFT. Cada exame puntúa 40% sobre a nota global (100%). Non se pode deixar en branco máis de dúas preguntas completas en cada exame.

A nota de corte global para superar a materia (os dous exames escritos xunto co compoñente da presentación oral) debe ser 5 ou superior (sobre 10).

Para poder facer media entre os compoñentes de avaliación, a nota de cada un dos exames parciais debe superar unha cualificación de 5 sobre 10. De non acadar esta cualificación de corte, a nota da presentación NON fará media aritmética e a nota global nesta primeira edición de actas será de 'suspenso'. O alumnado suspenso poderá examinarase na segunda edición de actas unicamente do exame suspenso. De non aprobar nesta segunda oportunidade, o alumnado deberá examinarse de toda a materia (exames e presentación oral) en cursos posteriores.

A asistencia ás aulas é altamente recomendable e aconsellable. Terase en conta a participación activa na clase, especialmente na elaboración de exercicios.

AVALIACIÓN ÚNICA

Na primeira edición de actas existe a modalidade de avaliación única para aquelas/es estudantes que non poidan facer un seguimento regular da materia en avaliación continua. A opción de avaliación única en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posible.

A avaliación única constará dun exame extenso de preguntas de desenvolvemento baseado nos contidos da materia na súa totalidade. A nota deste exame constituirá o 100% da cualificación final. Para superar esta proba, non se pode deixar en branco máis de dúas preguntas completas e cómpre acadar unha nota mínima de 5 sobre 10. O alumnado que suspenda o exame poderá recuperar a materia na segunda edición de actas.

A avaliación única terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta da FFT. É responsabilidade do alumnado consultar as datas na páxina web da Facultade.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

O exame no período de segunda edición de actas, independentemente da modalidade escollida na primeira edición de actas, terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta da FFT. É responsabilidade do alumnado consultar as datas na páxina web da Facultade.

(A) Para as/os estudantes da modalidade de avaliación única e para as/os estudantes de avaliación continua que non acadaran a nota de corte de 5 en ningún dos dous exames parciais, a avaliación consistirá nun exame extenso con preguntas de desenvolvemento baseado nos contidos da materia na súa totalidade. A nota deste exame constituirá o 100% da cualificación final. Para superar esta proba, non se pode deixar en branco máis de dúas preguntas completas e cómpre acadar unha nota mínima de 5 sobre 10.

(B) O alumnado de avaliación continua que non acadara a nota de corte de 5 nun dos exames parciais na primeira oportunidade de avaliación poderá presentarse só ao exame suspenso. Para superar esta proba, non se pode deixar en branco máis de dúas preguntas completas e cómpre acadar unha nota mínima de 5 sobre 10. Para superar a materia na súa totalidade, o alumnado conservará o resto das cualificacións (exame con máis dun 5 e presentación) pero, como sucede na primeira edición de actas, a nota da presentación NON fará media se a nota global dos dous exames escritos non é 5 ou superior sobre 10.

 

OBSERVACIÓNS

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e estilística. De non ser así, a proba de avaliación pode resultar nun suspenso.

É obrigatorio para todo o alumnado subir unha foto á plataforma de teledocencia durante a primeira semana de clase. A foto debe ser tipo carné ou suficientemente clara para apreciar a cara da/o estudante. Non se publicarán as notas de avaliación do estudantado que non proporcione foto.

É responsabilidade do alumnado consultar o correo electrónico con regularidade, consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia, e estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. As datas de avaliación única son anunciadas na web da FFT. As datas de avaliación continua son anunciadas na clase con suficiente antelación. Non hai obriga de comunicar as datas de avaliación mediante a plataforma de teledocencia.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia no seu conxunto, independentemente das probas xa realizadas e/ou aprobadas. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Se por causas de forza maior debidamente xustificadas, un/ha estudante non puidese realizar algunha proba de avaliación, deberá falar co/a profesor/a con anterioridade á data de realización da proba ou inmediatamente despois da proba se é algo de carácter imprevisible. Os exames parciais considéranse oficiais, e polo tanto, un cambio de data debe de estar sempre suficientemente xustificado (accidente, operación cirúrxica ou falecemento de familiar en primeiro grado na data exacta do exame).

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000