Nesta materia estudaremos a historia da lingua inglesa dende as súas orixes na familia xermánica ata o seu estado hoxe en día como unha das linguas faladas maioritariamente no mundo. Estudaremos cambios internos, como cambios fonolóxicos e sintácticos, e tamén cambios externos, como as forzas sociais e culturais que poden resultar en cambio lingüístico.
Os obxectivos principais desta materia son: (a) ofrecer unha visión global da historia da lingua inglesa a nivel lingüístico (ortografía, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe, léxico); (b) proporcionar as ferramentas esenciais para levar a cabo o estudo da historia da lingua inglesa, en inglés antigo, inglés medio e inglés moderno; por exemplo, traballando con dicionarios, corpus e outros materiais en liña.