Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Análise e interpretación literaria de textos do primeiro idioma estranxeiro: inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliarase a participación e implicación individual do alumnado nas sesións presenciais, moi especialmente nas prácticas e nos debates de comentario dos textos de lectura obrigatoria, tanto en grupo pequeno coma en gran grupo. Valorarase non só a participación cuantitativa senón tamén a pertinencia das achegas. 10 A3
A4
B1
B6
B7
B8
C2
C4
C6
C7
C8
C10
C11
C13
D1
Presentación Presentación oral en grupo pequeno (2 persoas) sobre un aspecto dos contidos do temario ou sobre un texto literario. Os temas e a metodoloxía serán especificados na aula ao comezo do cuadrimestre. 10 A3
A4
A5
B7
B8
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Haberá dous exames parciais ao longo do cuadrimestre, que se realizarán durante o período de aulas:
- un exame ao remate do tema 2, sobre os contidos dos temas 1-2 (40%);
- un exame ao remate do tema 3, sobre os contidos do tema 3 (40%).
Será obxecto de exame todo o material visto en clase. Ademais, os exames poderán conter preguntas sobre textos poéticos ou narrativos non vistos en clase.
A cualificación deste epígrafe será a media aritmética entre os dous exames. Para calcular a media será imprescindible que a nota mínima en cada un dos exames sexa un 4.
Na avaliación destas probas terase en conta tanto o contido coma a súa correcta expresión lingüística e presentación formal.
80 A3
A4
B1
B6
B7
C2
C3
C5
C8
C10
C11
C13
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Na primeira edición de actas a
avaliación por defecto será continua (segundo o especificado arriba).
Excepcionalmente, o alumnado que, por motivos xustificados, non poida seguir a
avaliación continua poderá optar polo sistema de avaliación única detallado
embaixo. Este alumnado deberá comunicarlle a situación ao profesorado durante
as dúas primeiras semanas de aulas.

A realización da primeira proba
parcial implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do
alumnado. O alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua non
poderá presentarse ao exame final e a súa nota da primeira edición de actas
corresponderá ao cálculo feito a partir das notas obtidas nas probas
obrigatorias (exames parciais, presentación e participación).

Avaliación continua

É obrigatorio realizar os dous exames parciais e a presentación oral (consonte ao descrito máis arriba). De non ser
así, non se realizará o cálculo final, a/o estudante obterá un suspenso e
deberá presentarse ás probas non realizadas na segunda edición de actas (N.B. a presentación non será recuperable na segunda edición de actas). Se
un/ha alumna/o, por causas de forza maior debidamente xustificadas, non puidese
realizar algunha das probas obrigatorias, deberá poñelo en coñecemento do
profesorado, con anterioridade á data da súa realización.

O primeiro exame parcial terá
lugar ao remate do tema 2, sobre os contidos dos temas 1 e 2; o segundo exame
parcial realizarase ao final do cuadrimestre e versará sobre os contidos do
tema 3 (narrativa). Todas as datas de exame serán anunciadas na aula.

A media aritmética entre os dous exames
parciais constituirá o 80% da materia. Esta media calcularase se se acada unha
nota mínima de 4 en cada un dos parciais. Para calcular a nota global da
materia, será imprescindible acadar un 5 neste epígrafe.

A presentación oral en grupo
contará un 10%. A participación en clase, especialmente mais non só nas aulas
prácticas, será avaliada co 10%. Non se require nota mínima nestes epígrafes
para o cálculo da nota final da materia.

Para superar a materia é preciso
acadar unha nota global de 5, coas condicións expresadas arriba. Cando a media
ponderada de todas as partes da avaliación sexa superior a 5 pero algún dos
exames parciais teña unha nota inferior ao 4 obrigatorio, a cualificación da
acta será de 4 (Suspenso). Os exames parciais non superados serán recuperables na
segunda edición de actas de xeito independente.

Todas as probas se cualificarán
tendo en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón
tamén a súa correcta expresión lingüística (oral e/ou escrita) e presentación
formal. A existencia de erros lingüísticos graves reiterados será motivo dunha
penalización de 2 puntos na cualificación final dos exames parciais e da
presentación. Igualmente, unha deficiente presentación formal (ausencia de
marxes, mala caligrafía, texto riscado etc) causará unha penalización do 10% na
cualificación final da proba.

Avaliación única

Constará dun exame único baseado
na totalidade dos contidos da materia (100% da cualificación final). Este exame
terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames aprobado pola
Xunta de Facultade. Para aprobar a materia, será necesario obter un mínimo de 5
neste exame.

A escolla desta opción en ningún
caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posible, o cal
se recomenda encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación
será responsable de manter un contacto continuado coa materia a través de
Moovi.

O exame cualificarase tendo en
conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a
súa correcta expresión lingüística e presentación formal. A existencia de erros
lingüísticos graves reiterados será motivo dunha penalización de 2 puntos na
cualificación final do exame. Igualmente, unha deficiente
presentación formal (ausencia de marxes, mala caligrafía, texto riscado etc)
causará unha penalización do 10% na cualificación final da proba.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO-XULLO)

Na segunda edición de actas, o
alumnado de avaliación continua deberá repetir os exames parciais non superados
na primeira edición. A presentación oral e a participación non serán
recuperables.

O alumnado de avaliación
única será avaliado mediante un exame sobre a totalidade dos contidos do
temario (100%).

Todas as probas de recuperación
terán lugar na data oficial de xuño ou xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Os criterios de cualificación da
primeira edición de actas serán de aplicación tamén na segunda edición de
actas.

OBSERVACIÓNS XERAIS

A copia ou plaxio total ou
parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso directo da
materia na súa totalidade. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

O profesorado poderá facer unha
proba de avaliación alternativa, a maiores das contempladas nesta guía, en caso
de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou
escrito) se fixese total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia
Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a
utilización da IA, a mera sospeita por parte do profesorado será condición
suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola
proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida polo profesorado
da materia.

É responsabilidade do alumnado
consultar os materiais dispoñibles na plataforma Moovi (novidades, documentos,
cualificacións). Igualmente, é responsabilidade do alumnado estar ao tanto das
datas de realización das diferentes probas de avaliación.

Recoméndase firmemente que o
alumnado asista ás aulas e titorías con regularidade e se implique activamente
no seu proceso de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000