É unha materia de seis créditos que se imparte no primeiro cuadrimestre do terceiro curso do grao e que está concibida como un curso introdutorio ao nivel B1 do Marco Común de Referencia para as Linguas (MCER), como continuación da materia Segundo Idioma Estranxeiro IV, impartida no segundo cuadrimestre do curso anterior. O seu propósito é consolidar e expandir os coñecementos lingüísticos adquiridos nos niveis previos (A1 e A2), sentando as bases para un manexo autónomo do idioma: o seu obxectivo é construír unha base sólida de coñecementos gramaticais e estratéxicos que permita ao estudante comprender a maioría dos textos e conversas de nivel B1 (competencia pasiva ou receptiva), aínda que sen ter automatizado a produción oral e escrita. É dicir, ao finalizar, o estudantado será un ‘axente pasivo B1’: entenderá o alemán de nivel intermedio, pero necesitará máis práctica para se expresar con fluidez e corrección.