PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS Na 1ª edición das actas, o alumnado avaliado mediante o sistema de
avaliación continua o será segundo as porcentaxes indicadas arriba. As probas
non entregadas contarán coma un cero. Para aprobar a materia, será necesario superar cada unha do tres probas finais, que terán lugar
dentro do período de exames, na data aprobada en Xunta de FFT. O alumnado que decida non acollerse á avaliación continua deberá indicalo
ao profesor ao comezo do curso. Neses casos, terá que examinarse do 100% da
materia polo sistema de avaliación única, segundo as seguintes porcentaxes: EG:
40%, ECEE: 30%, ECEO: 30%. Este exame final terá lugar dentro do período de
exames, na data aprobada en Xunta de FFT. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)
Na segunda edición das actas (xullo), todo o alumnado proveniente da primeira
convocatoria (decembro-xaneiro), tanto na modalidade de avaliación continua
como na de avaliación única, examinarase exclusivamente da parte da materia que
non supere. O alumnado que non se presentou na primeira convocatoria será
evaluadoen esta segunda polo procedemento de avaliación única.
O exame nesta convocatoria terá lugar durante o período de exames de xullo, na
data aprobada en Xunta de FFT. Notas xerais O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un
suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá ao alumnado da súa responsabilidade. Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de
comunicación francófonos. |