1. Nunha materia de inglés instrumental, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento chave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a asistencia e participación activa na aula.
2. O alumnado deberá consultar a plataforma de axuda á docencia (www.moovi.uvigo.gal) con asiduidade e, en calquera caso, sempre antes das sesións presenciais, xa que moitos dos materiais utilizados nas clases serán colgados nesa plataforma con antelación. Ademais, é responsabilidade do alumnado estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. Esas datas serán
publicadas na citada plataforma.
3. Para poder seguir a materia é recomendable posuir como mínimo un nivel C1 de lingua inglesa. O alumnado que non posúa o nivel de partida recomendado terá que procurar formación en inglés pola súa conta (EOI, Centro de Linguas, materiais bibliográficos, etc.).
4. O alumnado en programas de intercambio con universidades estranxeiras que estea interesado en matricularse neste curso deberá ter en conta que os materiais están encamiñados á preparación do Cambridge Proficiency Exam e outros títulos semellantes de nivel C (C1-C2).
5. Cómpre lembrar ao alumnado que debe respectar os dereitos de copyright, tanto dos libros utilizados como apoio á docencia coma dos materiais orixinais elaborados e facilitados polas docentes na aula ou a través da plataforma de apoio á docencia.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.
6. Durante as clases, o alumnado non poderá utilizar dispositivos móbiles nin computadores, a non ser que a(s) docente(s) permitan ou requiran a utilización destes dispositivos con algunha finalidade pedagóxica.
O uso de dicionarios, ordenadores ou outros aparellos electrónicos, con ou sen conexión a internet, non está permitido durante as probas e/ou exames.
7. Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
|