É unha materia de seis créditos que se imparte no segundo cuadrimestre do segundo curso do grao e que está concibida como unha continuación da materia Segundo Idioma Estranxeiro III, impartida no primeiro cuadrimestre, como un curso orientado cara á consolidación do coñecemento básico do alemán e a súa cultura. Por tanto, presupón un coñecemento básico tanto lingüístico como cultural e persegue a consolidación dun nivel básico de coñecemento da lingua alemá; isto é o paso da A2.1 a A2.2. Xa que logo, debe entenderse esta materia como un curso de consolidación dunha boa base para seguir profundando máis adiante nos coñecementos do alemán, na súa gramática e no seu léxico, así como noutros aspectos culturais xerais igualmente necesarios para unha aprendizaxe oral e práctica da lingua cotiá alemá. Ao superar a materia a/o estudante acadará un nivel A2.2. segundo o Marco Común de Referencia para as Línguas.