Nunha materia de inglés instrumental, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento chave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda encarecidamente a presencia e participación na aula.
Do mesmo xeito, para superar esta materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como a nivel persoal.
Recoméndase o uso dos recursos da biblioteca.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.
Para poder seguir as clases recoméndase posuír un nivel B2 de inglés. O nivel para superar a materia ao final do cuadrimestre deberá ser un nivel próximo o C1.2 de inglés. |