Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Introdución á literatura do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliarase a participación e implicación individual do alumnado nas sesións presenciais, moi especialmente nas prácticas e nos debates de comentario dos textos de lectura obrigatoria, tanto en grupo pequeno coma en gran grupo. Valorarase non só a participación cuantitativa senón tamén a pertinencia das achegas. 10 A1
B1
B6
C2
C3
C7
C8
C11
C12
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Haberá tres exames parciais ao longo do cuadrimestre, que se realizarán durante o período de aulas:
- un exame ao remate do tema 2, sobre os contidos dos temas 1-2 (30%);
- un exame ao remate do tema 4, sobre os contidos dos temas 3-4 (30%);
- un exame ao remate do tema 5, sobre os contidos do tema 5 (15%).
A cualificación deste epígrafe será a media ponderada entre os tres exames. Para calcular a media será imprescindible que a nota mínima en cada un dos exames sexa un 4.
75 A1
B6
B8
C2
C3
C6
C8
C11
D1
Traballo O alumnado deberá realizar, de maneira presencial, un exercicio sobre unha novela de lectura obrigatoria proposta polo profesorado da materia ao comezo do cuadrimestre. O exercicio consistirá en preguntas xerais sobre a novela e incluirá a realización dun breve ensaio sobre un tema específico.
Este exercicio terá lugar o día previsto para a avaliación única no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía e Tradución.
15 A1
B1
B6
C2
C3
C5
C6
C7
C8
C9
C11
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Na primeira edición de actas a avaliación por defecto será continua (segundo o especificado arriba). Excepcionalmente, o alumnado que, por motivos xustificados, non poida seguir a avaliación continua poderá optar polo sistema de avaliación única detallado embaixo. Este alumnado deberá comunicarlle a situación ao profesorado durante as dúas primeiras semanas de aulas.

A realización da primeira proba parcial implica a aceptación do sistema
de avaliación continua por parte do alumnado. O alumnado avaliado
mediante o sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao exame final
e a súa nota da primeira edición de actas corresponderá ao cálculo feito a partir das notas obtidas nas probas obrigatorias (exames parciais, traballo sobre a novela obrigatoria e participación).

Avaliación continua

É obrigatorio realizar todas as probas de avaliación previstas (consonte ao descrito máis arriba). De non ser así, non se realizará o cálculo final, a/o estudante obterá un suspenso e deberá presentarse ás probas non realizadas na segunda edición de actas. Se un/ha alumna/o, por causas de forza maior
debidamente xustificadas, non puidese realizar algunha das probas obrigatorias,
deberá poñelo en coñecemento do profesorado, con anterioridade á data da súa realización.

O primeiro exame parcial terá lugar ao remate do tema 2, sobre os
contidos dos temas 1 e 2; o segundo exame parcial realizarase ao remate do tema 4, sobre os contidos dos temas 3 e 4, e o terceiro exame parcial terá lugar ao remate do tema 5, sobre os contidos dese tema. Todas as datas de exame serán anunciadas na aula. A media ponderada entre os tres exames parciais constituirá o 75% da materia (30%, 30% e 15% respectivamente). Esta media calcularase unicamente se se acada unha nota mínima de 3 no primeiro parcial e 4 no segundo e no terceiro. Para calcular a nota final da materia, será imprescindible acadar un 5 neste epígrafe.

O exercicio sobre a novela terá lugar presencialmente, na data prevista para a avaliación única da materia no calendario oficial de exames da FFT. Será obrigatorio obter un 4 neste exercicio para calcular a nota final da materia.

A participación en clase, especialmente mais non só nas aulas prácticas, será avaliada co 10%. Non se require nota mínima neste epígrafe para o cálculo da nota final da materia.

Para superar a materia é
preciso acadar unha nota global de 5, coas condicións expresadas arriba. Cando a media ponderada de todas as partes da avaliación sexa superior a 5 pero
algunha das partes teña unha nota inferior á obrigatoria nesa parte, a cualificación da acta será de
4 (Suspenso).

Todas as probas se cualificarán tendo en
conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a
súa correcta expresión lingüística (oral e/ou escrita) e presentación formal. A
existencia de erros lingüísticos graves reiterados será motivo dunha penalización de 2 puntos na cualificación final dos exames parciais e do exercicio sobre a novela. Igualmente, unha deficiente presentación
formal (ausencia de marxes, mala caligrafía, texto riscado etc) causará unha
penalización do 10% na cualificación final da proba.

Avaliación única

Constará de dúas probas: un exame baseado na totalidade dos contidos da materia (85% da cualificación final) e un exercicio sobre a novela de lectura obrigatoria (15%). As dúas probas terán lugar na data
oficial establecida no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade. Para aprobar a materia, será necesario obter un mínimo de 5 no exame e de 4 no exercicio sobre a novela.

A
escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas
sempre que sexa posible, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que
siga esta modalidade de avaliación será responsable de manter un contacto continuado
coa materia a través de Moovi.

O exame cualificarase tendo en
conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón
tamén a
súa correcta expresión lingüística e presentación
formal. A
existencia de erros lingüísticos graves reiterados será motivo dunha
penalización de 2 puntos na cualificación final do exame e do exercicio. Igualmente, unha deficiente presentación
formal (ausencia de marxes, mala caligrafía, texto riscado etc)
causará unha
penalización do 10% na cualificación final da proba.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO-XULLO)

Na segunda edición de actas, o alumnado de avaliación continua deberá
repetir as probas non superadas na primeira edición, mediante un exame sobre a totalidade dos contidos do temario (75%) e/ou un exercicio sobre a novela de lectura obrigatoria (15%). A participación non será recuperable.

O alumnado
de avaliación única deberá
repetir as probas non superadas na primeira edición mediante un exame
sobre a totalidade dos contidos do temario (85%) e/ou un exercicio sobre
a novela de lectura obrigatoria (15%).

Todas as probas de recuperación terán lugar na data oficial de xuño ou xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Os criterios de cualificación da primeira edición de actas serán de aplicación tamén na segunda edición de actas.

OBSERVACIÓNS XERAIS

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un suspenso directo da materia na súa totalidade. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

O profesorado poderá facer unha proba de avaliación alternativa, a
maiores das contempladas nesta guía, en caso de que sospeite de que algún
traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se fixese
total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia
Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a
mera sospeita por parte do profesorado será condición suficiente como
para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba
alternativa, que se realizará en data e hora establecida polo profesorado da materia.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais dispoñibles na plataforma Moovi (novidades, documentos, cualificacións). Igualmente, é responsabilidade do alumnado estar ao tanto das datas de realización das diferentes probas de avaliación.

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas e titorías con
regularidade e se implique activamente no seu proceso de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000