Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua: Comunicación escrita e oral en español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Recoméndase ao alumnado que, de non poder asistir a esta sesión, na que se proporcionará información sobre o desenvolvemento e planificación do curso, se poña en contacto coa docente.
Lección maxistral Exposición por parte da profesora de contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que oa alumna ou alumno ten que desenvolver.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumnado debe desenvolver as solucións apropiadas ou correctas mediante a aplicación de diferentes rutinas ou procedementos.
Presentación Exposición por parte do alumnado ante a docente e un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto...
Traballo tutelado A alumna ou alumno, de maneira individual, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000