Exame de preguntas obxectivas |
Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). O estudantado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades |
10 |
A1
|
|
C12
|
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Contestar a unha serie de cuestións e preguntas relacionadas coa parte do temario impartida a través de clases teóricas ou sesións maxistrais, así como unha proba ou probas prácticas. |
30 |
A2 A4 A5
|
B9 B10
|
C12
|
|
Primeira edición de actas (decembro-xaneiro): O estudantado debe escoller a
principio de curso o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación
global. Recoméndase, en todo caso, o primeiro. Para non perder a avaliación
continua será necesario realizar, como mínimo, tres dos exercicios indicados
pola profesora nas aulas prácticas. O estudantado que siga o sistema de avaliación continua deberá notificalo
nas catro primeiras semanas de clase. Realizará dous exames obrigatorios. O
primeiro na segunda semana de novembro, no que a cualificación supoñerá o 30%
da nota final. O segundo, ao final de cuadrimestre, na data establecida no
calendario oficial de exames da FFT (dispoñible en: http://fft.uvigo.es/es/docencia/examenes/),
no que a cualificación supoñerá o 30% da nota final. Esta proba consiste no
desenvolvemento dun tema e contestar varias preguntas teóricas e prácticas
relacionadas co temario. Ademais, o 30% da nota final obterase coa resolución
de exercicios relacionados con algúns temas que se realizarán nas aulas
prácticas. O estudantado deberá realizar tamén dous cuestionarios nas aulas
prácticas, un á metade do cuadrimestre e outro na última sesión, cun valor cada
un de 0,5 puntos sobre a cualificación final (10% da nota final). No
cuestionario cada dous erros, incluíndo as non contestadas, restarase un
acerto. O estudantado que non siga o sistema
de avaliación continua terá avaliación
global mediante un exame obrigatorio, na data oficial establecida no calendario
de exames da FFT (dispoñible en: http://fft.uvigo.es/es/docencia/examenes/). O
exame constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que
representa o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da
materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará
sobre aspectos prácticos da materia que foron traballados durante o curso. Na segunda edición de actas (xuño): (A) O estudantado de avaliación
continua que obtivo nos traballos prácticos unha cualificación de polo
menos 5 sobre 10, non terá que volver presentalos. Deberá superar só un exame
sobre a materia impartida nas clases teóricas, que coincidirá coa data
establecida no calendario oficial de exames da FFT, no que a cualificación
supoñerá o 60% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e
contestar varias preguntas teóricas relacionadas co temario. (B) O estudantado que non consiga a
nota mínima requirida durante o curso nos traballos prácticos e o de avaliación global deberá realizar un
exercicio escrito, que coincidirá coa data establecida no calendario oficial de
exames da FFT. O exame constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte
teórica, que representa o 60% da cualificación, versará sobre contidos do
programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación,
versará sobre aspectos prácticos da materia que foron traballados durante o
curso. |