Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Historia: Historia dos países do primeiro idioma
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Contestar a unha serie de cuestións e preguntas relacionadas coa parte do temario impartida a través de clases teóricas ou sesións maxistrais, así como unha proba ou probas prácticas. 30 A2
A4
A5
B9
B10
C12
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). O estudantado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades 15 A1
C12
Resolución de problemas e/ou exercicios Formulación de problemas que o estudantado debe resolver na clase relacionados coa parte do temario impartido nas clases teóricas. 25 A1
A5
B2
B5
B6
B8
C7
C12
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Contestar a unha serie de cuestións e preguntas relacionadas coa parte do temario impartida a través de clases teóricas ou sesións maxistrais, así como unha proba ou probas prácticas. 30 A2
A4
A5
B9
B10
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición de actas (decembro-xaneiro):

O estudantado debe escoller a principio de curso o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación global. Recoméndase, en todo caso, o primeiro. O estudantado que elixa ser avaliado mediante a modalidade de avaliación global deberá comunicalo a profesora responsable da materia no prazo de un mes dende o inicio do cuadrimestre. Para non perder a avaliación continua será necesario realizar, como mínimo, tres dos exercicios indicados pola profesora nas aulas prácticas.

O estudantado que siga o sistema de avaliación continua realizará dous exames obrigatorios. O primeiro na última semana de outubro, no que a cualificación supoñerá o 30% da nota final. O segundo, ao final de cuadrimestre, na data establecida no calendario oficial de exames da FFT (dispoñible en: http://fft.uvigo.es/es/docencia/examenes/), no que a cualificación supoñerá o 25% da nota final. Estas probas consisten no desenvolvemento dun tema e contestar varias preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario. Ademais, o 30% da nota final obterase coa resolución de exercicios relacionados con algúns temas que se realizarán nas aulas prácticas. O estudantado deberá realizar tamén dous cuestionarios nas aulas prácticas, un á metade do cuadrimestre e outro na última sesión, cun valor cada un de 0,75 puntos sobre a cualificación final (15% da nota final). No cuestionario cada dous erros, incluíndo as non contestadas, restarase un acerto.

 
O estudantado que non siga o sistema de avaliación continua terá avaliación global mediante un exame obrigatorio, na data oficial establecida no calendario de exames da FFT (dispoñible en: http://fft.uvigo.es/es/docencia/examenes/). O exame constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representa o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos prácticos da materia que foron traballados durante o curso.

Na segunda edición de actas (xuño):

(A) O estudantado de avaliación continua que obtivo nos traballos prácticos unha cualificación de polo menos 5 sobre 10, non terá que volver presentalos. Deberá superar só un exame sobre a materia impartida nas clases teóricas, que coincidirá coa data establecida no calendario oficial de exames da FFT, no que a cualificación supoñerá o 60% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e contestar varias preguntas teóricas relacionadas co temario.

 (B) O estudantado que non consiga a nota mínima requirida durante o curso nos traballos prácticos e o de avaliación global deberá realizar un exercicio escrito, que coincidirá coa data establecida no calendario oficial de exames da FFT. O exame constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representa o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos prácticos da materia que foron traballados durante o curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000