Nesta materia trátase de adquirir coñecementos básicos de lingua portuguesa (en comprensión e
expresión oral e escrita) e coñecementos básicos sobre os países de lingua oficial portuguesa e as súas
culturas (ao superar a materia, a/o estudante acadará un nivel A2 segundo o Marco común Europeo de Referencia para as Linguas.).
A lingua de impartición será a lingua portuguesa.
Aviso importante para alumnado de intercambio (Erasmus): O ensino de Lingua Portuguesa na UVigo diríxese a un alumnado que ten o galego e/ou castelán como lingua materna, de maneira que a progresión é rápida. Non se recomenda matricularse nesta materia ao alumnado de intercambio que non teña un nivel de B1 nestas linguas.