=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
MANTEÑENSE TODAS (mediante ferramentas proporcionadas pola UVIGO)
* Metodoloxías docentes que se modifican
NON PROCEDE
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Mediante ferramentas proporcionadas pola UVIGO
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
NON PROCEDE
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A MESMA
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantéense todas as probas coa excepción do "test de resposta curto" (20%) que
pasa a contabilizarse xunto coa "participación" (10%) nas intervencións de "Foros" (30%)
* Novas probas
Intervención en Foros 30% (equivale ao "test de resposta curta" 20% e "participación" 10% da modalidade presencial)
=== MODALIDADE MIXTA ===
Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.
|