PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS O sistema de avaliación recomendado para este curso
é o sistema de avaliación continua. O alumnado deberá participar de
xeito regular
nas tarefas de aula e facer os dous exames parciais, o primeiro sobre os puntos 1 e 2 do temario e os segundo sobre os puntos 3 e 4 seguindo o cronograma establecido ao comezo do curso. As datas exactas dos parciais serán comunicados en clase e publicados na plataforma de teledocencia Faitic. Hai que aprobar os dous exames para aprobar o curso. ALUMNADO NON REGULAR Aquelas persoas matriculadas que non poidan cumprir os
requirimentos do curso coa regularidade esixida deberán comunicalo de xeito
razoado ao profesorado ao comezo das sesións presenciais e non farán avaliación
continua. Para estas persoas existirá un modelo de avaliación única ao final do cuadrimestre por medio dun exame
global e comprensivo teórico-práctico sobre os contidos do programa. Este exame terá lugar no período de exames na data oficial establecida pola Xunta de Facultade SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) O exame celebraráse na data oficial aprobada pola Xunta da FFT. O alumnado non presentado na primeira edición de actas ou coa materia suspensa fará un exame comprensivo teórico e práctico das mismas características ca o exame da avaliación continua da primeira edición de actas. REQUERIMENTOS 1. O alumnado en programas de intercambio con universidades estranxeiras que estea interesado en matricularse neste curso
deberá ter en conta que o nivel de inglés necesario para seguir as
clases adecuadamente é de competencia alta e nivel avanzado (C). 2. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. 3. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. 4. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. |