A nota mínima requerida en cada un dos exames parciais para facer nota media xunto co resto de probas é de 3. De non superar esta nota de corte no primeiro parcial, a alumna ou alumno deberá ir ao exame final na segunda convocatoria.
O primeiro exame parcial terá lugar en horario de clase, na semana que coincida coa metade das horas da materia (a data precisa anunciaranse en Moovi e máis no cronograma da materia ao inicio do cuadrimestre). O segundo exame parcial coincidirá coa data para avaliación única establecida polo Decanato no calendario oficial de exames da Facultade.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso directo da materia na súa totalidade. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.
Se algunha alumna/o non pode asistir regularmente ás clases e prefire optar por avaliación única, deberá comunicalo á profesora argumentadamente nas primeiras dúas semanas do curso. Nese caso, será avaliada/o exclusivamente mediante un exame único na data fixada no calendario oficial de exames pola Xunta de Facultade. Este exame estará baseado nos contidos da materia, e combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e a nota do exame constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posible, o cal se recomenda encarecidamente. Igualmente, o alumnado que non asista ás clases será responsable de manter un contacto continuado coa materia a través de Moovi .
De suspender a avaliación na primeira convocatoria deberá examinarse de toda a materia na segunda.
SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO-XULLO)
Na segunda edición das actas (xuño-xullo) a avaliación
levarase a cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que
combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa
nota constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a
correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar
na data oficial de xuño establecida no calendario de exames oficial.
A AVALIACIÓN DO ALUMNADO DE INTERCAMBIO SEGUIRÁ EXACTAMENTE O MESMO PROCEDEMENTO DO ALUMNADO REGULAR DA UVIGO, SEN EXCEPCIÓNS. O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DEBE TER EN CONTA QUE ESTA MATERIA É DE ÚLTIMO ANO DE GRAO E REQUIRE UN ALTO NIVEL DE INGLÉS.
Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas
e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de
aprendizaxe. É responsabilidade do alumnado acceder regularmente aos contidos da materia e demáis ferramentas da plataforma Moovi.