Nesta materia trátase de adquirir un coñecemento e unha comprensión básicas tocante aos desenvolvementos e ás correntes máis importantes da historia das literaturas e culturas lusófonas (portuguesa, brasileira e africana) a través de textos literarios, obras audiovisuais, música, entre outras. Leranse e comentaranse obras e/ou excertos de obras literarias seleccionadas dos ámbitos brasileiro, português e africano lusófono. O obxectivo consiste en comprender, saber relacionar e saber analizar de xeito crítico os principais desenvolvementos literarios e culturais contemporáneos en Portugal, no Brasil e nos PALOP a partir do comentario e da interpretación de textos literarios e outros fenómenos culturais.