Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Pontevedra - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Grandes problemas ambientais do noso tempo I
   Contidos
Tema Subtema
1. Concepto Ecoloxía e Ecosistema Introdución á Ecoloxía. Niveis de organización biolóxica e subdivisións da Ecoloxía. O concepto de ecosistema. Ecoloxía e ecoloxismo.
2. O funcionamento dos ecosistemas Estrutura biótica. Concepto de biodiversidade. Produción primaria. Fluxos de enerxía. Principais ciclos bioxeoquímicos. Cambio climático.

3. Contaminación. Definición. Tipos de contaminantes. A choiva ácida (efectos dos compostos de xofre sobre as plantas e os animais: o declive dos ecosistemas forestais). O burato na capa de ozono. Ruído. Contaminación das augas. Bioindicadores de calidade da auga. Eutrofización (causas, recuperación de lagos eutrofizados).
4. Uso sostible dos recursos biolóxicos Concepto de rendemento óptimo. Principios para a explotación das poboacións. Cambios xenéticos nas poboacións explotadas. A explotación dos bosques. Certificación forestal.
5. Control de pragas Técnicas de control de pragas (obxectivos, control químico, control biolóxico, control xenético, control integrado). O exemplo do gurgullo do eucalipto.
6. Conservación de especies ameazadas O número de especies que habitan o planeta. Valor das especies e ecosistemas (intrínseco, instrumental, peculiaridade). Procesos e causas de extinción (extincións históricas, efectos antrópicos). Xestión de poboacións e ecosistemas. Factores sociais, económicos e políticos. Un caso de
estudo: Especies exóticas invasoras
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000