Elaboración e defensa dun traballo, individual, orixinal e de suficiente nivel e complexidade, no que o alumno aplique os coñecementos adquiridos durante o desenvolvemento do máster. A temática do traballo poderá ser proposta polo alumno/a ou definida polo seu titor académico e, en calquera caso, deberá estar relacionada cos contidos do máster, ben co seu módulo común, ben co módulo de especialidade que o estudante seleccione.
A súa definición e contidos están explicados de forma máis extensa na normativa para a realización do Traballo Fin de Máster aprobada na Comisión Académica de Máster (CAM) e ratificada na Xunta de Centro, cuxo contido se pode consultar en web do Centro Universitario da Defensa, no apartado dedicado ao Máster DIRETIC.