Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Traballo fin de máster
   Contidos
Tema Subtema
Traballo Fin de Máster Elaboración e defensa dun traballo, no que o/a estudante integre e aplique os coñecementos adquiridos durante o desenvolvemento do máster. A temática do traballo deberá estar relacionada cos contidos abordados previamente nunha ou varias materias do programa, ben do módulo común, ben da intensificación que o alumno/a curse. Deste xeito, os traballos poden corresponder a algún dos seguintes perfís temáticos:
1) Xestión e dirección: Estudos técnicos, organizativos e/ou económicos relativos a equipos, sistemas, servizos, etc., que traten calquera dos aspectos de deseño, planificación, xestión e/ou explotación de sistemas TIC, incluíndo os aspectos de xestión da seguridade.

2) Técnico: Traballos de natureza teórico/práctica, computacional ou experimental, relacionados con calquera dos aspectos tecnolóxicos abordados no programa de máster, tanto do ámbito dos sistemas de telecomunicacións, como dos sistemas de información ou a seguridade.

Os contidos de cada traballo definiranse en propostas individuais formuladas por alumnos ou ben ofertadas por profesores-directores, tal e como recolle o artigo 10 da normativa para a realización do Traballo Fin de Máster. Cada traballo terá un contido diferente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000