Se denominamos MED_CON á nota media de avaliación continua, que se calcula como: MED_CON = 0.1*F + 0.3*P+ 0.3*E1 + 0.3*E2 Será necesario obter polo menos o 50% da calificación para superar a materia. No caso de que o alumno non consiga aprobar a materia na convocatoria ordinaria, tendrá dereito a unha segunda oportunidade de avaliación (convocatoria extraordinaria) nas datas establecidas para ese efecto pola Comisión Académica de Máster. A avaliación se realizará en modalidade a distancia, e consistirá nunha única proba escrita que suporá o 100% da calificación, sendo necesario obter polo menos o 50% para superar a materia. Non está permitido falar durante a realización da proba escrita, así como copiar ou utilizar ou facilitar a outro alumno calquera procedemento fraudulento para a realización dos exercicios encomendados. A fraude ou intento de fraude por parte do alumno no proceso de avaliación (copia ou plaxio ou facilitalo a terceiros) será penalizado outorgándolle directamente unha calificación de suspenso (0.0) na convocatoria na que se produza. COMPROMISO ÉTICO: Espérase que o alumnado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudiantado da Universidade de Vigo, o emprego de procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a calificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a calificación global tivese a proba en cuestión e sen perxuicio das posibles consecuencias de índole disciplinaria que puidesen producirse . No caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español/inglés relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en español. |