A materia de Seguridade en sistemas de información mostrará as técnicas, protocolos e arquitecturas relacionadas coa seguridade que existen nos distintos niveis de implementación dun sistema de información moderno, cunha énfase particular na parte das comunicacións. A materia enfocarase á exposición clara destes problemas, e á resolución práctica dos mesmos mediante casos de estudo prácticos.