Dado o carácter semipresencial do curso, distinguiremos dous casos: (1) Atención na fase a distancia: levarase a cabo mediante o uso de medios telemáticos. Os alumnos que o desexen poderán expor dúbidas ao profesorado en foros ou mediante correo electrónico. Tamén poderán concertar titorías individuais co profesor, que se desenvolverán mediante videoconferencia. (2) Atención na fase presencial: aínda que segue sendo posible o uso de mecanismos telemáticos de atención ao alumno, durante esta fase empregaranse tamén mecanismos de titoría presencial.
Prácticas con apoio das TIC
Atención na fase presencial: Se ben segue sendo posible o uso de mecanismos telemáticos de atención ao alumno, durante esta fase emplearánse tamén mecanismos de titoría presencial (individual e/ou grupal).