Educational guide 2024_25
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Sistemas de comunicacións vía satélite, de posicionamento, teledetección e radionavegación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Autoavaliación Mecanismo no que, por medio dunha serie de preguntas ou actividades, posibilítase que o alumno/a avalíe de maneira autónoma o seu grao de adquisición de coñecementos e habilidades sobre a materia, permitindo unha autorregulación do proceso de aprendizaxe persoal.
Realizaranse dúas probas intermedias tipo test (PE1 e PE2), dunha hora de duración, para control do seguimento da materia. Cada proba de control ten un peso do 20%. A primera proba que abarcará os temas 1 e 2 realizarase na fase a distancia, mentres a segunda proba que abarcará os temas 3 e 4 realizarase na fase presencial.
40 A6
A7
A8
A9
B1
B2
B5
C12
C13
D4
Presentación Exposición por parte do alumnado, de maneira individual ou en grupo, dun traballo (T1 e T2) relacionado cos temas 1 e 2 da materia. Cada traballo ten un peso do 10% e serán avaliados na fase a distancia. 20 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B2
B5
C12
C13
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de distintos exercicios (E1 e E2) propostos en clase sobre supostos aplicables a cada un dos temas 3 e 4 do temario. Cada exercicio ten un peso do 10% e serán realizados na fase a distancia. 20 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B2
B5
C12
C13
D4
D5
Práctica de laboratorio Avaliación de dúas prácticas de laboratorio (PL1 e PL2) relacionadas co temario da materia mediante memorias entregables que se realizarán na fase presencial. Cada unha das prácticas ten un peso do 10% 20 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B2
B5
C12
C13
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Se chamamos MED_CON a nota media da avaliación continua, que se calcula como:

MED_CON=0.4*(PE1+PE2)/2+0.2*(T1+T2)/2+0.2*(E1+E2)/2+0.2*(PL1+PL2)/2

será necesario conseguir polo menos o 50% da calificación para superar a materia.

En caso de non superar a materia na convocatoria ordinaria, habería unha segunda oportunidade para superala na convocatoria extraordinaria, que se realizaría en modalidade a distancia nas datas establecidas para ese efecto pola Comisión Académica de Máster. A avaliación da segunda convocatoria realizarase en modalidade a distancia, mediante a avaliación dun entregable (traballo) que suporá o 60% da cualificación e a realización dunha proba escrita (con preguntas de desenvolvemento e/ou tipo test) utilizando medios telemáticos, o que suporá o restante 40%. Será necesario obter polo menos o 50% da cualificación para superar a materia. O proceso de avaliación nesta segunda convocatoria levaría a cabo segundo o indicado na seguinte táboa:

Sistemas de evaluación

Denominación

Calificación (%)

Competencias

Evaluación de entregables (trabajo)

60%

CB6, CB7, CB8, CB9, CB10

CG1,CG2, CG5
CE12,CE13
CT4, CT5

Prueba escrita

40%

CB6, CB7, CB8, CB9, CB10

CG1,CG2, CG5 CE12,CE13
CT4, CT5

INTEGRIDADE ACADÉMICA:

Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo ,así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 dexullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas , a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente , con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.

Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior.

No caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español/inglés relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en español.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000